O sentido do abraio

a celebración da natureza para persoas de todas as idades

Azal biguna, 56 orrialde

galego hizkuntza

Catroventos(e)k argitaratua.

ISBN:
978-84-127425-6-5
ISBN-a kopiatu!
Baloraziorik ez (0 berrikuspen)

Xuntando dúas das cinco liñas editoriais de Catro Ventos, ecoloxía e educación alternativa, publicamos en galego este ensaio da escritora e bióloga mariña Rachel Carson (1907-1964), autora de obras fundamentais para o ecoloxismo moderno como Primavera silenciosa (1962).

Na publicación orixinal na revista Women’s Home Companion (1956), este texto ía dirixido a nais e pais e animábaos a explorar a natureza coas súas crianzas a fin de cultivaren xuntos o sentido do abraio. Esta obra é a base dun proxecto moi persoal da autora que había converterse no que ela denominaba O libro do abraio. Carson faleceu antes de poder darlle a forma esperada, pero o espírito e a súa teima persoal están aquí: como explorar e conservar durante toda a vida a capacidade do abraio, unha batalla que, segundo ela, só se gaña ou perde na infancia.

Libro de de encadernación coidada con textos, fotos e papel cebola verde …

2 edizio

Gaiak

  • ecoloxía, natureza, educación, aprendizaxe